Biografía | |
---|---|
Nacemento | 439 ↔ 443 Roma |
Morte | c. 484 Constantinopla |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Theodosian dynasty (en) |
Cónxuxe | Anicio Olibrio |
Parella | Gaudentius (en) |
Fillos | Anicia Xuliana () Anicio Olibrio |
Pais | Valentiniano III e Licínia Eudóxia (pt) |
Irmáns | Princesa Eudócia (pt) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Placidia foi filla do augusto de Occidente Valentiniano III e da súa esposa a augusta Eudoxia. Foi prometida no 454 ao patricio Anicio Olibrio.
Cando os vándalos saquean a cidade de Roma, ao ano seguinte lévana, xunto da súa nai e a súa irmá, a Cartago, onde súa irmá casou con Hunerico, fillo do rei vándalo Xenserico.
O seu prometido estaba en Constantinopla no momento do saqueo, e tras longas negociacións logra que Placidia e súa nai sexan trasladadas a Constantinopla, onde o matrimonio finalmente se realizou, no 461.
Foi nai da patricia Anicia Xuliana.
Unha cabeza marmórea, que actualmente se encontra no Musée Saint-Raymond de Tolosa, foi identificada como o seu retrato. Representa unha dama patricia, é de principios do século VI e procede de Constantinopla. Posiblemente se encontraba no adro de San Polieucto, xunto a outra estatua cuxo busto se encontra no Metropolitan Museum of Art de Nova York e que representaría a súa filla Anicia Xuliana.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search